Os descendentes de Abraham son o pobo xudeu ou pobo de Israel. Xesús era
xudeu, e a partir del xurdiu o cristianismo. Despois del hai unha relixión
xudía e outra cristiá.
Posteriormente, uns
seiscentos anos despois de Xesús, xurdiu
unha nova relixión, o islam. O islam
tamén considera a Abraham, a Moisés, e o propio Xesús como grandes personaxes
da súa relixión. Os crentes do islam chámanse musulmáns.
Xudeus, cristiáns e
musulmáns afirman que Deus nos
salva.
Estas tres relixións recoñecen
a Abraham como pai dos crentes, como amigo de Deus e como exemplo para
todos.
OS CRISTIÁNS:
Os cristiáns len a Biblia con frecuencia, sós ou en
común, como ocorre nas celebracións relixiosas.
Xesús ensina a amar a Deus como a un Pai, e a
relacionarse con el mediante a oración. Os cristiáns rezan como lles ensinou
Xesús. A oración máis importante é o nosopai.
Os cristiáns proclaman a súa fe co sinal da cruz, e fano
tanto ao empezar unha oración como ao terminala de rezar dicindo. " No
nome do Pai, e do Fillo, e do Espírito Santo.
O libro sagrado dos
cristiáns e a Biblia cristiá. Está formada por moitos libros, que se agrupan no Antigo Testamento e o
Novo Testamento. No Novo Testamento están os evanxeos, onde se recolle a
mensaxe de Xesús e se di que Xesús é o Fillo de Deus. O lugar onde soen rezar
xuntos os cristiáns é na Igrexa.
OS XUDEUS
Recoñecen e proclaman que Deus é único e que non hai
outro. Adoitan rezar, polo menos, dúas veces ao día a seguinte oración que
resume a súa fe: " Escoita, Israel, o Señor é o noso Deus, o Señor é
un."
O libro sagrado dos xudeus
e a Biblia xudía ou Tanaj, esta biblia diferénciase da cristiá en que no ten o Novo Testamento. Os
xudeus len a Biblia con frecuencia, sobre todo na sinagoga, lugar a onde acoden para rezar xuntos.
OS MUSULMÁNS
O libro sagrado dos
musulmáns e o Alcorán. Segundo a súa fe, este libro contén as palabras que o anxo Gabriel, no
nome de Deus, lle ditou ao seu enviado Mahoma.
Os musulmáns rezan cinco veces ao día e, normalmente,
recitan textos do Alcorán. O lugar onde o fan e nas mesquitas.
A expresión máis importante e que pronuncian con moita
frecuencia ao longo do día é: " Non hai máis Deus ca Alá e Mahoma é o seu
profeta.