O SACRAMENTO DA PENITENCIA OU DA
RECONCILIACIÓN
A penitencia é o
Sacramento que perdoa os pecados cometidos despois do Bautismo.
Recibimos o Sacramento da
Penitencia cando nos confesamos ben e recibimos a absolución.
Para confesarnos ben son necesarias 5 cousas:
1. Exame de conciencia.
2. Dor dos pecados
3. Propósito da emenda.
4. Dicir os pecados ao confesor.
5. Cumprir a penitencia.
O exame de conciencia é lembrar os pecados
cometidos desde a última confesión ben feita.
A dor dos pecados é un sentimento ou pesar sobrenatural de ofender a Deus.
Propósito da emenda é a firme resolución de
non volver pecar.
Debemos confesar todos os pecados.